Rueda recibe á ciclista galega Alejandra Neira, nova campioa do mundo e de Europa na categoría júnior

O titular do Goberno galego mantivo un encontro coa deportista compostelá, que acadou ambos títulos en 2026
rueda-ciclista-alejandra-neira
2 Nov 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu a ciclista galega Alejandra Neira Domínguez, tras os resultados acadados esta tempada nos campionatos internacionais da súa categoría.

A deportista compostelá proclamouse campioa do mundo júnior na proba en liña dos Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta, celebrados en Montreal (Canadá) o pasado mes de setembro. Ademais, o 7 de outubro acadou o título de campioa de Europa júnior na modalidade contrarreloxo, no campionato disputado en Liubliana (Eslovenia).

Durante o encontro, Rueda trasladoulle os seus parabéns por estes logros e destacou que “é un orgullo para Galicia contar cunha deportista que está a levar o nome da nosa comunidade ao máis alto do ciclismo internacional”.

Neira, que se incorporou en agosto de 2026 ao Movistar Team, equipo da máxima categoría do ciclismo profesional internacional, ten contrato coa formación ata 2029. Entre os seus resultados desta tempada figuran tamén os dos títulos de campioa de España júnior en estrada e contrarreloxo.

0.29236388206482