Samil e Vialia acollen o Encontro Internacional de Danza Urbana “Vikul” os días 10 e 11 de xullo

A pista de patinaxe de Samil e o centro Vialia acollen unha nova edición do festival internacional de danza urbana Vikul, con artistas locais de proxección internacional e actividades para todos os públicos.
Vikul
24 Jun 2025

A pista de patinaxe da praia de Samil e o centro comercial Vialia serán escenario, os días 10 e 11 de xullo, da décimo terceira edición do Encontro Internacional de Danza Urbana "Vikul". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou á cidadanía a asistir a uns espectáculos que cada ano reforzan o seu peso dentro das festas da cidade.

O evento contará este ano coa presenza de dous artistas vigueses con traxectoria internacional: Daniel Suárez e Andy Rodríguez. A directora do encontro, Marta Díaz Almeida, destacou que o programa está deseñado para poñer en valor o traballo dos bailaríns e bailarinas de Vigo, especialmente daqueles que, tras lograr proxección fóra, regresaron á cidade para continuar os seus proxectos.

Díaz tamén reivindicou o poder transformador da danza, especialmente entre nenos e mozos, como alternativa ao consumo tecnolóxico e ferramenta de cohesión social.

⚙ Configurar cookies
0.27034616470337