San Paio de Narla acolle unha actividade sobre o San Xoán
Organizada pola Rede Museística, mañá, mércores 23 de xuño na Fortaleza de San Paio de Narla, haberá unha actividade sobre o San Xoán.
22 Jun 2021
Organizada pola Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá, mércores 23 de xuño, de 17:30 a 20:00, na Fortaleza de San Paio de Narla, haberá unha actividade para festexar a maxia do San Xoán.
Esta actividade estará chea de tradición, aroma e natureza e nela farán unha recompilación de refráns, colleita de herbas de San Xoán, confección de ramos de flores, e moito máis.
Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade, dirixida a familias con rapazada, deberán realizar a inscrición no correo sanpaiodenarla@museolugo.org ou a través do grupo Clube Pequeamigos e, como paso previo, na casa xa poden ir facendo un listado de refráns relacionados con esta data.