Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Co aumento de casos e co fin de diminuir a interacción social para protexer a saúde e a economía da poboación, a Xunta de Galicia anunciou novas restricións para as festas de Noitevella e Reis, entre elas as máis salientables son que a hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas dende a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, excepto os venres e sábado, e que volverá o toque de non queda.
A presenza da covid segue subindo na provincia de Lugo aínda que algo máis despacio que na pasada semana, hoxe baixou a hospitalización.
Hoxe hai 2.289 casos activos, 184 máis que onte (226 en total) e 43 altas. Onte houbo 128 máis, con 182 novos contaxios e 54 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 23.571 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria mantense en 6 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 14 pacientes, 7 no de Lugo, 3 na Mariña e 4 en Monforte.
POR COMARCAS
O crecemento da covid volve subir hoxe na comarca da Mariña onde cada vez quedan menos concellos por debaixo dos 10 casos. Destaca o crecemento aínda que menor en As Pontes, Monforte e Lugo.
A Mariña
- Burela: 54 positivos. (11 máis)
- Foz: 31 positivos. (6 máis)
- Lourenzá: 16 positivos. (1 máis)
- Mondoñedo: 22 positivos. (3 máis)
- Ribadeo: 56 positivos. (6 máis)
- Viveiro: 66 positivos. (14 máis)
- Cervo: 22 positivos. (2 máis)
- Xove: 13 positivos. (1 menos)
- Barreiros: 11 positivos.
- Por debaixo de 10: O Vicedo, Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol
Terra Chá
- As Pontes: 72 positivos. (15 máis)
- Castro de Rei: 17 positivos. (2 máis)
- Guitiriz: 31 positivos. (1 máis)
- Outeiro de Rei: 31 positivos. (2 máis)
- Vilalba: 131 positivos. (7 máis)
- Cospeito: 21 positivos. (1 máis)
- Friol: 12 positivos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Muras, Meira, A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol e Begonte.
Comarca de Sarria
- Sarria: 50 positivos. (3 máis)
- Láncara: 11 positivos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo, O Incio e Paradela
- Máis de quince días limpos: Triacastela
Centro da provincia
- Guntín: 16 positivos. (1 menos)
- Lugo: 856 positivos. (26 máis)
- Monterroso: 23 positivos. (4 máis)
- O Corgo: 26 positivos. (1 máis)
- Palas de Rei: 17 positivos.
- Castroverde 28 positivos. (1 máis)
- A Fonsagrada: 11 positivos. (1 menos)
- Por debaixo dos 10 casos: Baralla, Baleira, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais, Cervantes e Pedrafita. Únese Navia de Suarna.
- Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín e Antas de Ulla.
- Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Chantada: 66 positivos. (1 máis)
- Monforte: 205 positivos. (25 máis)
- O Saviñao: 23 positivos. (1 máis)
- Pantón: 21 positivos.
- Quiroga: 28 positivos. (1 menos)
- Taboada: 18 positivos. (1 menos)
- Sober: 16 positivos. (1 máis)
- Carballedo: 11 positivos.
- A Pobra do Brollón: 10 positivos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Bóveda, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.
- A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
- Sanidade engade o toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas. Está pendente da autorización do TSXG.
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.