Sinsal SON Estrella Galicia propón descubrir San Simón con roteiros e obradoiros

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que terá lugar do 25 ao 27 de xullo en San Simón, ofrecerá novas actividades paralelas aos concertos, centradas na divulgación do patrimonio natural, cultural e histórico do arquipélago. No marco da iniciativa Descubre San Simón, incluiranse roteiros, conversas e obradoiros interxeracionais como o Caderno de bitácora, impartido por Arte & Garabato. Ademais, o festival propón o paseo Illario Pantasma co investigador Xosé Lois G. Faílde e unha andaina con integrantes da asociación Amarturmar. Estas actividades complementan un cartel musical que permanece en segredo ata a chegada á illa.