Sumar Galicia denuncia que as axudas da Xunta para comedores deixan fóra ás familias traballadoras

A formación reclama ampliar os límites de renda, incrementar as contías e integrar os comedores xestionados polas ANPAs na rede pública para garantir unha conciliación real
OLEIROS comedor
29 Jun 2026

Movemento Sumar Galicia considera insufi cientes e profundamente inxustas as novas axudas anunciadas pola Xunta de Galicia para os comedores escolares xestionados por ANPAs, concellos e centros concertados, ao entender que tanto os requisitos de acceso como as contías económicas deixan sen apoio a unha parte moi importante das familias traballadoras galegas.

A convocatoria establece un límite de 6.000 euros de renda per cápita para acceder á axuda máxima de 150 euros anuais. Para Movemento Sumar Galicia, este criterio está completamente afastado da realidade económica das familias. Unha nai que perciba o Salario Mínimo Interprofesional e teña un fi llo xa supera ese limiar, polo que unha familia monomarental cun salario mínimo quedaría excluída da convocatoria.

O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, considera que "esta convocatoria evidencia que o Goberno galego deseña as políticas de apoio ás familias sen coñecer as difi cultades reais ás que se enfrontan miles de fogares. Non se pode falar de conciliación mentres se deixa fóra precisamente ás familias que viven do seu traballo".

A formación lembra que o Salario Mínimo Interprofesional anual ascende a 17.094 euros, unha cifra que, repartida entre dous membros da unidade familiar, supera amplamente o límite fi xado pola Xunta para acceder ás axudas.

Movemento Sumar Galicia tamén critica a escasa contía prevista. Os 150 euros anuais anunciados contrastan cos custos que soportan as familias que utilizan comedores escolares xestionados por ANPAs, onde as cotas poden alcanzar arredor de 120 euros mensuais, situando o gasto anual próximo aos 1.200 euros durante un curso escolar.

"Presentar unha axuda de 150 euros anuais como unha resposta sufi ciente ao elevado custo dos comedores escolares é unha falta de respecto ás familias galegas. Estamos a falar dunha cantidade que apenas cobre unha pequena parte do gasto real que afrontan cada mes", sinala Paulo Carlos López.

Movemento Sumar Galicia lembra ademais que a Xunta continúa sen asumir directamente a xestión dos comedores escolares sostidos durante anos polas ANPAs, descargando sobre as familias e o movemento asociativo unha responsabilidade que debería formar parte dos servizos públicos educativos.

"As ANPAs levan décadas garantindo un servizo esencial para a conciliación e para a igualdade de oportunidades. O que precisan é un compromiso real da Xunta para integrar estes comedores na rede pública e asegurar un fi nanciamento estable e sufi ciente, non convocatorias puntuais que deixan fóra a miles de familias", engade o secretario xeral.

Por todo iso, Movemento Sumar Galicia reclama unha revisión inmediata da convocatoria para elevar os límites de renda, incrementar de maneira signifi cativa as contías económicas e avanzar na integración progresiva dos comedores escolares xestionados por ANPAs dentro da rede pública de servizos educativos.

"Se queremos unha Galicia na que a conciliación non dependa da capacidade económica das familias, hai que impulsar políticas útiles e realistas. O acceso ao comedor escolar non pode converterse nun privilexio para quen máis recursos ten, senón nun dereito garantido para todas as nenas e nenos", conclúe Paulo Carlos López.

0.28698015213013