Suspendidas as clases en toda a provincia de Ourense e nas zonas da Montaña, Sur e Centro de Lugo ante o aviso de nevadas

As clases quedan tamén suspendidas no interior da provincia de Pontevedra, mentres que na Coruña e na Mariña lucense suspéndese a actividade exterior ante a alerta vermella por fenómenos costeiros
neve-en-Lóuzara,-Samos
22 Jan 2026

A Xunta de Galicia decretou a suspensión das clases e do transporte escolar para este venres, 23 de febreiro, ante os avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos asociados á borrasca Ingrid, que afectarán a toda a comunidade e se prolongarán durante a fin de semana.

En concreto, a actividade escolar queda suspendida na totalidade da provincia de Ourense, así como nas zonas da Montaña, Sur e Centro de Lugo, e no interior da provincia de Pontevedra, onde estará activada a alerta laranxa por neve durante toda a xornada.

Pola súa banda, no Noroeste, Oeste e Suroeste da Coruña, así como na Mariña Lucense, nas Rías Baixas e na zona do Miño de Pontevedra, queda suspendida toda actividade exterior ante a alerta vermella por fenómenos costeiros prevista para mañá.

⚙ Configurar cookies
0.30717897415161