Todo listo para celebrar Expogrelo o próximo sábado, 5 de marzo

O día 5 de marzo o concello de Abadín celebrará a XVI Feira Expogrelo, a coñecida feira de exaltación do grelo no Recinto Ferial de Gontán.
Expogrelo abadin feira
28 Feb 2022

O día 5 de marzo o concello de Abadín celebrará a XVI edición de Expogrelo, a coñecida feira de exaltación do grelo, que terá lugar no Recinto Ferial de Gontán, como é costume. As edicións celebradas ata agora serviron para comprobar que a tradicional fama deste cultivo atopa boa saída nos compradores, coa interrumpción do pasado ano debido á covid. A feira mostrará de novo a calidade e sabor do grelo que se produce nesta zona da Terra Chá e que conta con merecida fama.

Un total de 15 productores sumaranse este ano á feira na que se repartirán tres premios de 50, 30 e 20 euros para as cestas mellor decoradas. Ademais, todos os asistentes recibirán do concello un "cariño" de 50 euros, como asegura o alcalde, José María López Rancaño.

O programa os actos seguirá a mesma liña que en edicións anteriores, ás 09.30 horas coa designación dos stands e a numeración das cestas. Ás 10.00 horas levarase a cabo a apertura da feira, ás 12.00 horas dará inicio a animación musical e ás 12.30 horas os presentes poderán degustar este delicioso alimento da cociña galega na carpa que o concello poráno recinto ferial e que este ano ofrecerá cocido.

Ás 13:00 horas terá lugar a recepción de autoridades. Os actos finalizarán ás 14.00 horas co fallo do xurado e a entrega de premios.

O Concello de Abadín decidiu apostar no ano 2006 por celebrar unha feira anual dedicada a este produto e ademais apoiar aos productores que hai no municipio.

A IXP Indicación Xeográfica Protexida de Grelos de Galicia naceu en outubro de 2009 para axudar a produción como a comercialización e a distribución deste alimento tan característico de Galicia. É por iso que o día antes da celebración de Expogrelo os productores censados no concello de Abadín e baixo a IXP recollen, seleccionan, pesan, empaquetan e etiquetan manualmente cada unha das madas que ao día seguinte poñen á venda na feira, asegurando deste xeito a máxima frescura e calidade.

A feira tivo que retrasarse este ano debido ás xeadas, que retrasaron a produción, que normalmente está lista antes do Entroido.

Por outra banda, o alcalde confirmou tamén que a web de venda online do grelo, posta en marcha o ano pasado debido a non celebración da feira presencial, volverá este ano de novo a estar activa coincidindo coa celebración da feira. De novo, o Concello encargase da loxística para o envío deste produto, así como do envasado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.064841985702515