Traballadores de Iberdrola mobilízanse no Barco para reclamar melloras salariais e un novo convenio

Durante a protesta, os participantes corearon consignas en defensa do poder adquisitivo dos empregado
manifestacion-traballadores-iberdrola
25 May 2026

Traballadores de Iberdrola participaron esta mañá nunha manifestación polas rúas do O Barco de Valdeorras para reclamar unha actualización salarial e desbloquear a negociación do convenio colectivo, paralizada desde hai máis dun ano.

A mobilización, convocada polos sindicatos CIG e ELA, comezou pasadas as doce do mediodía diante do Hospital Público de Valdeorras e percorreu diferentes rúas céntricas da vila, entre elas as avenidas Conde Fenosa e Marcelino Suárez, antes de finalizar na praza do Concello.

Durante a protesta, os participantes corearon consignas en defensa do poder adquisitivo dos empregados e reclamaron incrementos salariais acordes coa suba do custo da vida. Entre as mensaxes máis repetidas destacaron peticións de “subida salarial” e críticas á perda de capacidade económica sufrida polos traballadores nos últimos anos.

Os representantes sindicais denunciaron que, malia os beneficios rexistrados pola compañía desde o ano 2021, o cadro de persoal acumulou unha perda de arredor do 20% do poder adquisitivo. Ademais, lembraron que a plantilla leva 16 meses sen un novo convenio laboral.

A marcha desenvolveuse sen incidentes e contou coa presenza da Policía Local do Barco, que regulou o tráfico durante o percorrido da mobilización.

0.33251214027405