Turismo de Galicia reforza o seu apoio ao talento galego na presentación dos Premios Paraugas 2025

Turismo de Galicia subliña o seu apoio ao talento e á creatividade na presentación da décima edición dos Premios Paraugas, que celebrarán o seu décimo aniversario o 21 de novembro en Ferrol
Premios Paraguas
14 Nov 2025

A gerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou este xoves en Ferrol na presentación da décima edición dos Premios Paraugas, a cita de referencia para os sectores da comunicación, o deseño, a impresión e o marketing en Galicia. A gala do décimo aniversario celebrarase o 21 de novembro no Teatro Jofre.

Durante o acto, Méndez destacou “a importancia de apoiar desde Turismo de Galicia e desde Galicia Calidade un evento que visibiliza o talento e a creatividade galega, e que contribúe a reforzar a imaxe da comunidade como territorio innovador e referente en calidade”.

A implicación da marca responde ao seu compromiso coa promoción da excelencia, a innovación e o desenvolvemento económico e social. Como novidade desta edición, introdúcese o Premio Especial Galicia Calidade, co que se distinguirá ao anunciante, axencia ou proxecto revelación que mellor exprese a creatividade e a excelencia galega con capacidade de proxección exterior.

Así mesmo, Galicia Calidade terá presenza directa na gala mediante a proxección dun vídeo institucional e coa entrega do novo recoñecemento, fortalecendo a conexión entre comunicación, identidade e calidade certificada.

⚙ Configurar cookies
0.37191891670227