UB40 feat. Ali Campbell actuará en Castrelos

O mítico grupo de reggae-pop británico encabezado por Ali Campbell actuará este verán en Vigo no marco do ciclo “Vigo en Festas 2025”.
UB40-min
10 Apr 2025

O rexedor de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a novena confirmación do cartel do “Vigo en Festas 2025”: UB40 feat. Ali Campbell actuará en Castrelos o vindeiro 15 de agosto. “Trátase dunha das bandas máis icónicas do reggae-pop británico”, subliñou Caballero durante a presentación.

A historia de UB40 comeza en 1978, cando oito amigos formaron esta banda inspirándose no documento británico de solicitude de subsidio de desemprego, coñecido como Unemployment Benefit. Nos anos 80 e 90, convertéronse nunha referencia internacional do xénero, con máis de 70 millóns de discos vendidos.

Desde 2008, Ali Campbell, a inconfundible voz da formación orixinal, lidera esta nova etapa co nome de “UB40 feat. Ali Campbell”, mantendo vivo o espírito do grupo. O seu repertorio combina os grandes clásicos que marcaron xeracións, como «Red Red Wine», «Kingston Town» ou «(I Can’t Help) Falling in Love with You», con novas composicións que seguen levando o reggae aos escenarios de todo o mundo.

Esta será a novena actuación confirmada no auditorio ao aire libre de Castrelos dentro da programación musical de verán en Vigo:

  • Ana Belén – 12 de xullo

  • Gente de Zona – 17 de xullo

  • Trueno – 18 de xullo

  • Rozalén – 24 de xullo

  • Vanesa Martín – 31 de xullo

  • Ópera La Traviata – 1 de agosto

  • Jason Derulo – 8 de agosto

  • UB40 feat. Ali Campbell – 15 de agosto

  • India Martínez – 16 de agosto

⚙ Configurar cookies
0.10737800598145