UGT-Galicia celebra este sábado en Marín o XIII Encontro de xubilados

Asistirán preto de 500 xubilados e pensionistas de toda Galicia e falarase sobre servizos sociais, dependencia, pensións ou como está a afectar a dixitalización aos máis maiores
Protesta_Xubilados_Coruña
5 Jun 2026

A Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia celebrará mañá, día 6, en Marín o XIII Encontro de xubilados. Neste acto, ao que asistirán preto de 500 xubilados e pensionistas de toda Galicia, falarase sobre servizos sociais, dependencia, pensións, como está a afectar a dixitalización aos máis maiores e porase enriba da mesa a necesidade dunha Lei integral das persoas maiores.

Está previsto que o acto, que se celebrará no IES Illa de Tambo, en Marín, comece ás 11.00 horas e nel intervirán o secretario xeral de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros; a secretaria executiva de UGT Cristina Estévez; o secretario de Formación da UJP-UGT, Ángel del Carmen Escalera; e a alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Na apertura da xornada dirixirán un saúdo aos asistentes o secretario xeral da UXP de UGT-Pontevedra-Arousa-Deza, Manuel Souto; e o secretario xeral de UGT-Pontevedra-Arousa-Deza, Ramón Vidal.

Tamén están previstos dous actos homenaxe, nun deles recoñecerase a militancia dunha das mulleres do Sindicato afiliada á UXP e noutro a traxectoria dunha das persoas máis maiores do Sindicato en Galicia e que aínda mantén unha militancia activa.

Ademais, asistirán numerosos invitados institucionais e membros das comisións executivas das unións comarcais de UGT e das federacións en Galicia.

Tras o acto sindical, os 500 xubilados e pensionistas gozarán dun xantar.

0.38740301132202