Ultiman os traballos de retirada de arrastres no Pontón da OU-533, en Viana do Bolo

Nestas obras, o persoal desprazado emprega maquinaria pesada
retirada-de-arrastre-en-viana-do-bolo
5 Jul 2026

A Xunta avanza na recta final dos traballos de retirada do material arrastrado polas choivas no pontón da estrada OU-533 en Viana do Bolo, en Ourense.

Os traballos de retirada de arrastres nesta obra xunto ao regato de Regueiro da Canela completáronse xa nun dos lados do pontón e nos vindeiros días remataranse no outro.

Nestas obras, o persoal desprazado emprega maquinaria pesada, con dúas retroexcavadoras de cadeas de 30 toneladas con cazo de carga e gancho para separar troncos e maleza, unha retroexcavadora de pneumáticos de 12 toneladas con cazo de carga e gancho, para traballar en zona de provisión, clasificando e estendendo o material recibido, así como tres camións dumper e dúas cabezas tractoras para a carga e retirada de arrastres á zona de provisión.

0.35717105865479