Últimos días para apuntarse ao Memoria Benéfico Pedro Pedregal que terá lugar na Pobra de San Xiao
O Memorial Benéfico 2022 Pedro Pedregal terá lugar na Pobra de San Xiao o vindeiro 30 de abril, no Polifuncional que está no Campo da Feira. A actividade dará comezo ás 18.00 horas.
Este campionato benéfico acollera o IV Campionato de Tute e o I Campionato de Parchís, dous xogos de mesa populares e tradicionais cos que se recadarán fondos para Objetivo Diagnóstico unha asociación de persoas con enfermidades raras sen diagnóstico.
O custe de inscrición é de 25 euros para os adultos e 5 euros para os nenos. Hai que xogar por parellas. O día da celebración haberá que levar o xustificante do ingreso á conta bancaria.
Os participantes terán un obsequio e poderán desfrutar dos pinchos ás 21.00 horas.
OBJETIVO DIAGNÓSTICO
Objetivo Diagnóstico é unha asociación que nace da necesidade de obter unha resposta, un diagnóstico. O obxectivo é saber a que se enfronta cada persoa, como pode atacar a enfermidade, como afrontala... As enfermidades raras sen diagnóstico soen ser patoloxías, que de maneira individual, afectan a un número non moi elevado de persoas.
Na actualidade, tárdase unha media de 5 anos en obter un diagnóstico, a veces isto non se consigue nunca. Neste camiño, o afectado non ten tratamento, terapias, etc. Polo que se encarga de facer o camiño máis fácil no proceso longo da enfermidade.