Un incendio en Herbón Desguaces provoca unha gran columna de fume negro no polígono do Ceao

O lume declarouse no interior da nave na mañá deste mércores e mobilizou varias dotacións de bombeiros e efectivos policiais, que cortaron a rúa principal do polígono
LUGO incendio ceao arde herbon desguaces
21 Oct 2026

Un incendio declarado na mañá deste mércores, 21 de outubro, nas instalacións de Herbón Desguaces, no polígono industrial do Ceao, concretamente na Rua da Industria, mobilizou os servizos de emerxencia.

O lume provocou unha intensa columna de fume negro visible desde os arredores. Varias dotacións de bombeiros desprazáronse ata o lugar para extinguir as lapas, mentres que efectivos da Policía cortaron a rúa principal do polígono para facilitar os labores de intervención.

O incendio prodúcese nunha xornada marcada pola folga do sector do metal que tamén tivo lugar no polígono industrial do Ceao. Polo momento, non transcenderon as causas do lume nin o alcance dos danos.

0.37526988983154