Unha iniciativa conecta á mocidade e ás persoas maiores en tecnoloxía, cultura e tradicións

As actividades desenvolveranse entre o 20 de xullo e o 19 de setembro, con máis de 12 xornadas formativas e tres sesións de 2,5 horas de duración por aula
mans-anciá-maior
15 Jul 2026

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Tech Kids, que este ano se desenvolverá baixo o lema Argallando entre xeracións. A iniciativa esta orientada a crear un espazo de aprendizaxe, experimentación e colaboración entre diferentes xeracións, no que a mocidade poida desenvolver competencias dixitais avanzadas ao tempo que comparte coñecementos, experiencias e solucións tecnolóxicas con persoas maiores.

O programa, dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos, desenvolverase nas aulas da Rede CeMIT entre o 15 de xullo e o 19 de setembro. Esta previsto realizar, cando menos, 12 xornadas formativas, estruturadas en tres sesións de 2,5 horas de duración por aula, cun enfoque practico, presencial e demostrativo.

Esta nova edición dá continuidade ao obxectivo de Tech Kids de poñer en practica o talento dixital das persoas máis novas, a súa capacidade de resolución de problemas e o desenvolvemento de competencias nunha contorna colaborativa. A proposta reforza ademais o uso dos equipamentos tecnolóxicos dispoñibles nas aulas CeMIT como base para a aprendizaxe aplicada e o desenvolvemento de proxectos autónomos.

Os obradoiros estarán centrados na aprendizaxe practica de tecnoloxías maker, para deseñar e fabricar artefactos. As persoas participantes idearan e desenvolveran proxectos baseados na invención, a creatividade e a colaboración, empregando ferramentas como a programación, a robótica, a impresión 3D, a electrónica creativa, os drons ou a intelixencia artificial.

O enfoque diferencial desta edición será a conexión entre innovación tecnolóxica, tradición e cultura galega. A proposta busca o uso da tecnoloxía, non só como unha ferramenta de aprendizaxe, senón tamén como un medio para recuperar, reinterpretar e compartir coñecementos vinculados á memoria, aos oficios, ás tradicións e ás experiencias das persoas maiores.

Deste xeito, Tech Kids Argallando entre xeracións promove unha aprendizaxe mais significativa, na que a tecnoloxía se aplica a retos próximos, sociais e culturalmente relevantes. A actividade permitira deseñar e desenvolver retos científico tecnolóxicos interxeracionais capaces de mesturar tecnoloxía, innovación, cultura e tradición.

Como principal novidade, esta edición incorpora as semanas de Innovación entre xeracións, unha fase posterior á formación nas aulas na que os proxectos desenvolvidos poderán presentarse en centros cívicos, centros de dia de maiores, asociacións e outros recursos comunitarios. Tamén poderán organizarse visitas das persoas maiores ás propias aulas CeMIT participantes.

Durante estas sesións, as persoas participantes terán a oportunidade de explicar o traballo realizado, realizar demostracións practicas e facilitar que as persoas maiores participen activamente na experiencia. Cando proceda, tamén poderá facerse entrega dos proxectos desenvolvidos, reforzando así o valor social e comunitario da actividade.

Esta ultima fase será dinamizada polos axentes TIC das aulas CeMIT, que asumiran un papel activo na organización das visitas, na presentación dos proxectos e na continuidade da iniciativa. O seu labor será clave para transformar a actividade formativa nunha experiencia de participación social, acompañamento dixital e conexión interxeracional.

A iniciativa reforza o papel das aulas CeMIT como espazos de proximidade para a capacitación dixital, a experimentación tecnolóxica e a cohesión comunitaria. Desde unha perspectiva técnica, o programa permite aproveitar o equipamento avanzado dispoñible nas aulas CeMIT para desenvolver proxectos autónomos e colaborativos. Desde unha perspectiva social, favorece a inclusión dixital, a participación comunitaria e o dialogo entre xeracións, contribuíndo a reducir barreiras no acceso e no uso da tecnoloxía.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web da Rede CeMIT.

0.27109313011169