UPTA alerta do impacto da guerra comercial dos EUA sobre os autónomos

UPTA alerta de que milleiros de autónomos galegos poderían verse gravemente afectados pola guerra comercial iniciada por EEUU e pide ao Goberno que os inclúa nos plans de protección.
Aranceles Trump
4 Apr 2025

UPTA expresa a súa profunda preocupación polo impacto que terá a guerra comercial iniciada polos Estados Unidos sobre milleiros de autónomos españois. A imposición de aranceis unilaterais por parte da administración de Donald Trump, que afectan a produtos como vehículos, aceite e outros bens agrarios, supón unha ameaza directa para sectores chave da economía, nos que traballan moitas persoas autónomas.

Estes aranceis, que chegan ao 25% para vehículos e ao 20% para outros produtos, non afectan só ás grandes empresas. Eduardo Abad, presidente de UPTA, advertiu de que “os autónomos serán os grandes prexudicados deste conflito comercial”.

Os sectores máis expostos son a agricultura, a pesca, a industria alimentaria, a automoción, o turismo e os servizos auxiliares ás empresas. Moitos autónomos dependen das relacións comerciais con Estados Unidos e verán afectada a súa facturación.

UPTA pide ao Goberno que non exclúa os autónomos dos mecanismos de protección previstos fronte aos aranceis. O paquete de medidas anunciado, con 14.100 millóns de euros, debe incluír liñas de financiamento, apoio á internacionalización e sistemas de protección como o “cese de actividade extraordinario”, similar aos ERTE.

Eduardo Abad insiste en que “é imprescindible que os autónomos teñan acceso ás mesmas ferramentas de protección que outros colectivos, porque son unha parte esencial do tecido económico do país”.

⚙ Configurar cookies
0.10821986198425