USC e EGAP únense na organización de actividades de información, investigación e divulgación

Rosa Crujeiras e Sonia Rodríguez-Campos asinaron este mércores un convenio de colaboración
rosa-crujeiras-sonia-rodriguez-campos
18 Nov 2026

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) colaborarán no desenvolvemento de actividades de información, investigación e divulgación. O acordo asinárono este mércores en San Xerome a reitora Rosa Crujeiras e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.

O convenio establece as bases de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes que redunden en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Entre as actividades previstas están a realización de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, a edición conxunta de libros e outras publicacións e documentos de traballo e a promoción da actividade investigadora mediante proxectos de investigación e actividades de transferencia conxuntos, entre outras.

Para o seguimento do acordo haberá unha comisión se seguimento na que, por parte da USC, participarán o director do IDEGA, Rubén C. Lois González, e o investigador Diego Sande Veiga.

3.07555103302