Uxía Folgueira, protagonista nos Campionatos do Mediterráneo cun ouro e un bronce representando a España

A deportista da Escola Deportiva Shihan, de só 14 anos, asinou unha destacada actuación en Alexandría ao subir ao podio en kata por equipos e en categoría individual
Uxía-Folgueira-Campionatos-do-Mediterráneo
22 Jun 2026

A deportista Uxía Folgueira González, integrante da Escola Deportiva Shihan, protagonizou unha actuación sobresaliente nos Campionatos do Mediterráneo celebrados en Alexandría, onde competiu representando a España e conseguiu regresar cun ouro e un bronce.

A moza deportista acadou a medalla de ouro na modalidade de kata por equipos cadete-júnior, nunha competición na que o conxunto español logrou superar ás actuais campioas africanas. Ademais, tamén sumou un bronce na categoría individual de kata cadete tras impoñerse á actual subcampioa de Europa.

Con tan só 14 anos, Uxia continúa acumulando éxitos deportivos e consolidándose como unha das promesas máis destacadas da disciplina. A súa progresión segue avanzando grazas ao traballo, a constancia e aos adestramentos continuos, nun calendario que aínda manterá novos retos e competicións durante os próximos meses.

0.38717484474182