Vigo acollerá o tour de Los40 Summer Live con concertos de 11 artistas

Vigo suma un novo evento ao seu calendario festivo do verán. A emisora Los40 escolleu a cidade para o peche do seu tour Los40 Summer Live, despois de percorrer 21 cidades españolas cun elenco variado de artistas.
O cartel desta edición inclúe a Naiara, Paul Thin, Ruslana, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Paula Koops, Walls, Carla Lourdes e o vigués Roi. Ademais, o DJ David Álvarez será o encargado do set musical que acompañará a festa.
O escenario estará situado na contorna da praza Prudencio Rodríguez de Coia e os concertos serán totalmente gratuítos. As actuacións comezarán a partir das 21:30 horas, ofrecendo unha noite de música en directo para todos os públicos.