Vigo destina 241.000 euros á xestión do Centro de Emerxencia para Mulleres vítimas de violencia machista

O Concello reforza o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero cun investimento de 241.000 euros e promove o emprego a través de subvencións ás principais feiras industriais da cidade.
Emerxencia Muller
28 Jul 2025

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves novos acordos da Xunta de Goberno local entre os que destaca unha achega de 241.000 euros destinada á xestión do Centro de Emerxencia para Mulleres que sofren situacións de violencia de xénero. O rexedor salientou que este centro, situado en Vigo, acolle mulleres procedentes de toda Galicia durante a fase de valoración das súas situacións, antes de ser derivadas a recursos máis axeitados.

“Desde Vigo temos unha acción importante e firme na loita contra a violencia machista”, asegurou Caballero, lembrando que o Concello inviste 1,5 millóns de euros en apoio á igualdade.

Ademais, o Goberno local aprobou as bases da convocatoria de subvencións —en réxime de concorrencia competitiva— destinadas a feiras profesionais que fomenten a contratación laboral. Cun orzamento de 205.000 euros, esta liña de axudas busca consolidar o emprego mediante o impulso de citas como Mindtecht, Conxemar, Navalia ou o Sea Fest. “Queremos promocionar desde as feiras en Vigo as industrias e consolidar o emprego derivado desa actuación”, subliñou o alcalde.

⚙ Configurar cookies
0.28221702575684