Voluntarios de Plancton retirarán residuos dos meandros do Sar

A actividade conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e dos concellos de Dodro e Padrón, que se farán cargo dos residuos retirados
lixo-rio
5 Jun 2026

Persoas voluntarias convocadas por Afundación a través do seu portal Actúa, participarán mañá nunha xornada de voluntariado ambiental nos concellos de Dodro e Padrón centrada na retirada de residuos dos meandros do Sar.

Esta é a primeira vez que a actividade do Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA, PLANCTON, se desenvolve fóra da costa. O obxectivo é  tratar de cambiar a percepción da cidadanía sobre a orixe do lixo mariño. A maioría dos estudos sinalan que preto do oitenta por cento dos residuos que chegan ás praias e fondos mariños proceden do continente, fronte ao 20 por cento que é resultado das actividades socioeconómicas desenvolvidas no mar.

As tarefas de limpeza desenvolveranse entre as 10.00 e as 14.00 h, unha vez rematada a clasificación e pesada dos residuos retirados dos meandros.

A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático quen participou activamente nas tarefas previas de planificación da actividade xunto coa dirección técnica do proxecto PLANCTON, e dos concellos de Dodro e de Padrón, que se encargarán da xestión final dos lixos retirados durante a xornada.

0.35654401779175