Volve a Festa da Pisa da Castaña en Froxán

GaliciaXa
A Festa da Pisa da Castaña e a Mostra de Aserrado da Madeira volve a celebrarse o vindeiro 5 de decembro en Froxán-O Courel.
pisa castaña froxan
8 Nov 2021

Será o vindeiro 5 de decembro, se o tempo acompaña, en Froxán-O Courel. Dende a Asociación Cultural Fonte do Milagro organizan a Festa da Pisa da Castaña e a Mostra de Aserrado da Madeira.

Ata a chegada da COVID-19 esta festa celebrábase a primeira semana do mes de decembro, este ano, se a situación epidemolóxica o permite buscan recuperar esta tradición malia que terá limitacións.

A cita que se celebra dende o ano 1999 contará co pisado, o abandoxado, o marcado e o aserrado. Dando valor á tradición e cultura da zona.

pisa castaña froxan
0.18732786178589