Volve a Festa do Banquete de Conxo do 23 ao 25 de maio

A carballeira de Conxo volverá acoller a Festa do Banquete do 23 ao 25 de maio, cun novo Mercado do Libro na praza de Aurelio Aguirre. O prazo para solicitar posto remata o 5 de maio.
Festa do Banquete de Conxo
16 Apr 2025

A Festa do Banquete de Conxo volverá encher de actividade a tradicional carballeira compostelá durante a fin de semana do 23 ao 25 de maio coa celebración da súa sexta edición. A cita arrancou xa cos preparativos oficiais logo da aprobación, na Xunta de Goberno, das bases para participar no VI Mercado do Libro.

Este mercado celebrarase, como vén sendo habitual, na praza de Aurelio Aguirre e contará cun amplo número de expositores do sector editorial e da ilustración. Librarías, editoriais e outras entidades vinculadas ao mundo do libro poderán presentar a súa solicitude a través do trámite "Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias" na sede electrónica do Concello de Santiago ata o 5 de maio.

O criterio de selección das solicitudes será a orde de entrada en rexistro, dando prioridade ás persoas ou entidades solicitantes con enderezo social no municipio de Santiago de Compostela. Están previstos un máximo de 20 postos, que se instalarán en carpas de 5 x 5 metros compartidas por máis dun expositor.

As persoas interesadas poden solicitar información adicional escribindo ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.

⚙ Configurar cookies
0.1221010684967