Volve este sábado a feira mensual en Reigosa
Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de veciños de Reigosa retoma este sábado a celebración da súa feira mensual.

22 Apr 2021
Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de veciños de Reigosa retoma este sábado a celebración da súa feira mensual, que ten lugar o terceiro sábado de cada mes.
Así, este sábado volverá celebrarse a Feira de Reigosa co xantar do polbo á feira no local da asociación. Ademais, volverá tamén a animación e terá lugar a actuación de Pallaso total, que tamén fora cancelada con anterioridade.
Será ás 12.20 horas no campo da feira.
