Xosé Gago presentará en Santiago de Compostela e na Pobra do Brollón o seu primeiro poemario, ‘Agora, eu cariota’

A primeira cita será o 18 de decembro en Compostela, mentres que a segunda presentación terá lugar o 21 de decembro na Pobra do Brollón
xose-gago
12 Dec 2025

A segunda presentación será o 21 de decembro ás 13:00 horas no Furancho O Currio de Trasmonte (A Pobra do Brollón), onde estará acompañado pola poeta Susana Sanches Aríns e animarase ás persoas asistentes a levar instrumentos para facer unha foliada ao remate do acto. En ambos eventos ofrecerase viño da Ribeira do Eivedo.

Trátase do primeiro poemario do autor, editado por Laiovento, unha obra moi ligada á súa experiencia profesional na xestión comunitaria do patrimonio, principalmente no concello da Pobra do Brollón. Segundo o autor, o libro recolle unha reivindicación do comunitario, das redes de coidados e da veciñanza como formas de resistencia.

O poemario nace despois de anos de traballo como técnico de Cultura e dunha reflexión baseada na súa propia experiencia, con poemas curtos que destacan pola forza das súas imaxes. Estrutúrase en varios capítulos, destacando o central, “Ribeiranas”, inspirado no seu traballo nas ribeiras do río Sil en Trasmonte, onde participou no proxecto Adegas da Memoria e onde tamén se implicou na viticultura tradicional.

‘Agora, eu cariota’ conta con prólogo da poeta Susana Sanches Aríns e cunha nota na contraportada do tamén poeta Xosé Mº Álvarez Cáccamo, e estará dispoñible nas librarías a partir do 17 de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.2958869934082