Xubiladas e xubilados mobilízanse por un Servizo de Axuda no Fogar público e digno

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG convoca para este xoves, 27 de marzo, concentracións simultáneas diante dos concellos de Arteixo, Narón, Teo, Monforte, O Carballiño, Vilagarcía e Ponteareas. O obxectivo é esixir que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) sexa xestionado directamente pola Xunta de Galicia, cun sistema público galego que garanta a atención ás persoas dependentes.
Desde a CIG reclaman un SAF con orzamento e persoal suficiente, que poida atender a crecente demanda e asegurar unhas condicións laborais e salariais dignas para o persoal que o presta. A central sindical denuncia a precariedade do servizo actual e insiste na urxencia de establecer un Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas que unifique todos os recursos e permita unha atención digna e de xustiza social.
As mobilizacións desenvolveranse nos seguintes horarios:
-
Arteixo: 11:00 h
-
Narón: 12:00 h
-
Teo: 11:00 h
-
Monforte: 12:00 h
-
O Carballiño: 12:00 h
-
Vilagarcía: 11:30 h
-
Ponteareas: 11:00 h