Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Resurrection Fest, nomeado en 4 categorías dos Iberian Festival Awards 2019

Por 16 Febreiro, 2019Sin comentarios

Os Iberian Festival Awards 2019 nomearon ao Resurrection Fest nas categorías Mellor gran Festival, Mellor cartel, Mellor promoción turística e Mellor comunicación. O resultado saberase o próximo 13 de marzo na gala que se celebrará no Teatro Afundación de Vigo.
Os Iberian Festival Awards son o único recoñecemento ibérico outorgado aos festivales e unha referencia importante no desenvolvemento da industria. O evento ten como obxectivo celebrar e valorar a todos os profesionais, socios e artistas responsables do desenvolvemento, crecemento e mellora no área de festivales de música. Ademais, este evento supón unha inmellorable oportunidade de networking.