Skip to main content
ActualidadeAlfoz

A gala benéfica Alfoz solidario recadou preto de 13.000 euros para a AECC

Por 4 Marzo, 2019Sin comentarios

A gala benéfica Alfoz solidario, celebrada o pasado mes de febreiro a favor  da Asociación Española Contra o Cancro, recadou 12.571 euros. Os beneficios obtidos na gala foron conseguidos a través da recadación da cea na que participaron 350 persoas, sendo o importe ingresado por comensal superior aos 20 euros grazas á aportación de Finca Galea e dos proveedores que doaron diferentes produtos para a elaboración do menú. Así mesmo tamén se percibiron beneficios da venta de rifas durante a gala, na que se sortearon os 160 agasallos doados por diferentes locais comerciais da comarca, e a través de donativos particulares entregados por aquelas persoas que non puideron asistir e que formaron a mesa cero.
Esta semana, unha delegación da Xunta Provincial da Aecc en Lugo, liderada pola súa presidenta Mari Luz Abella, visitou Alfoz para recibir, por parte dos promotores, o cheque por valor de 12.571 euros.
Desde a organización, formada por Dora Trobo, Conchita Pardiñas, Natalia Andón, Ana Carballo, Marisa Rubal, María José Seco, Carmen Geada e Xabier Pardiñas, queren agradecer a implicación de todas as persoas participantes así como dos establecementos colaboradores.