Skip to main content
ActualidadeViveiro

A mocidade no centro da política municipal para o BNG de Viveiro

Por 20 Maio, 2019Sin comentarios
Maria Simón Cundíns, a número 12 da candidatura do BNG, comenta que “todos seguramente coincidimos en que os moz@s somos dos colectivos máis afectados pola crise económica, que se traduce nunha alta taxa de desemprego. Por iso, será tarefa prioritaria para o BNG, colaborar dun xeito activo cos Servizos Públicos de Emprego a fin de centralizar a información respecto das ofertas de emprego da comarca e ter activada unha bolsa de emprego, á que calquera moza ou mozo poda acceder, así como facilitar cursos e axuda a mozos desempregados a través de programas de busca de emprego ou autoemprego”. Tamén Miriam Bermúdez aclara “Do mesmo xeito, tamén se colaborara activamente na organización de cursos de formación profesional, apoio e tramitación de iniciativas empresariais e proxectos que xeren emprego xuvenil, e noso programa a punto da mocidade abarca un amplo espazo.”
Entre os puntos máis impootante do Programa de Goberno do BNG destacan:
Equipamentos municipais para a mocidade
● Habilitar espazos de encontro en zonas abertas e en centros cívicos polivalentes para a mocidade e o asociacionismo xuvenil, dotándoos de contido con actividades e iniciativas da mocidade e de información de interese para mocidade.

Lecer para a mocidade
● Fomentar a búsqueda de solucións dialogadas (mesas redondas, campañas de concienciación, etc.) entre os sectores afectados por fenómenos como o botellón e demais problemas relacionados co ocio xuvenil, de maneira que se concilie o dereito ao lecer e o dereito ao descanso das veciñas e veciños, evitando a criminalización da mocidade e valorando a posibilidade de habilitar espazos para a realización destas actividades (tales como o Casino)

 

Educación e sexualidade
● Aposta polo establecemento de lugares específicos nas instalacións xuvenís a nivel municipal para o asesoramento afectivo-sexual da mocidade (Quérote+)

● Realizar campañas de prevención específicas, en particular, sobre as enfermidades de transmisión sexual (en eventos festivos e musicais como Naseiro), contra a bulimia e a anorexia (charlas informativas e programas de prevención de transtornos da conduta alimentaria)
● Elaborar un Plano municipal integral de prevención da drogadición, tendo en conta a información sobre as consecuencias da drogadición, e as políticas de actuación en ámbitos diversos (cultural, laboral, tempo libre) coa finalidade de xerar un novo contexto que non favoreza o consumo de drogas.

Vivenda

● Promoverase vivenda de protección pública para os menores de 30 anos.
● Facilitarase información e asesoramento sobre acceso a vivendas de promoción pública ou protexidas e sobre as políticas doutras administracións de apoio á merca ou aluguer de vivendas.
● Impulsarase a creación dun Banco municipal de vivendas en alugueiro nas
parroquias do rural para mozas e mozos co obxecto de facilitar o acceso á vivenda á mocidade e fixar poboación no rural de Viveiro.

Transporte
● Reclamar da Xunta de Galiza o impulso á creación e mantemento de liñas de autobuses nocturnas (Noitebús) subvencionadas de carácter local ou comarcal, encamiñadas a facilitar a mobilidade da mocidade ás zonas de lecer e que contribúen á redución da sinistralidade nas estradas.

● Poñer en marcha unha liña de axudas para transporte para estudantes universitari@s e/ou de Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional.
● Promover o transporte saudábel, nomeadamente da bicicleta, dotando a vila de aparcadoiros seguros para este vehículo en puntos de interese xuvenil (por exemplo: implantación paulatina de estacionamentos en locais de titularidade municipal e nas instalacións deportivas municipais).