Skip to main content
ActualidadeFoz

Os socialistas din que á Xunta reduciu prestacións ás ambulancias medicalizadas de Foz

Por 2 Xuño, 2019Sin comentarios

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou á Xunta de reducirlle prestacións ás ambulancias medicalizadas que teñen anunciado para Salnés, Foz e Monforte. O responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade na que lle reclamou sen éxito que confirmara que os vehículos serían novos e coas dotacións completas.
O responsable socialista advertiu de que o goberno galego quere enviar a estas tres zonas vehículos “reciclados” e, tal e como figura no novo concurso público de transporte sanitario, sen un dos dous técnicos de emerxencias que si destinan ao resto de ambulancias de Galicia. Acusou ao goberno galego de ter anunciado en plena etapa electoral un servizo “que era mentira” co único obxectivo de “anunciar algo coma se fora un supermercado”.
Por iso, explicou, votaron no Parlamento en contra das ambulancias medicalizadas para Foz, Monforte e o Salnés no mes de abril, mentres que o 25 daquel mes, 3 días antes das eleccións, parecían rectificar, pero –engadiu- “pasadas as eleccións coñecíamos que perdían un dos dous técnicos de emerxencias”.
Torrado replicoulle ademais ao conselleiro, que “celebraba” que o concurso de servizos de transporte sanitario urxente pasara de 121 a 180 millóns de euros, lembrándolle que teñen os 121 millóns do anterior concurso “en perigo” e “no xulgado por darlle o contrato a unha empresa vencellada ao PP e que tiña os vehículos rotulados e equipados antes mesmo de coñecerse os pliegos”.