Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro marchará contra o cancro cun percorrido reivindicativo de Covas a Celeiro

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

A asociación vivariense de loita contra o cancro, vinculada ao colectivo estatal AECC, anima a todo o que queira participar a sumarse á marcha reivindicativa e á recadación que se farán o vindeiro 11 de agosto na cidade do Landro.

Centos de persoas adoitan acudir cada ano a esta marcha que sairá ás 10 horas dende a fonte de Covas, pasará por Viveiro e continuará ata Celeiro. A doazón será de seis euros e os participantes levarán unha camiseta conmemorativa desta data.

Para máis información, a organización dispón dun teléfono, 982 250 809.

O colectivo non só anima a acudir a estas citas, senón tamén a facerse voluntario da AECC e lembra datos como o de que o cancro é  segunda causa de morte no mundo e que en España cada ano detéctanse 270.000 novos casos.