Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Novas protestas na planta de Alcoa en San Cibrao

Por 9 Xuño, 2020Sin comentarios

Hoxe pola mañá continuaron as protestas en apoio aos traballadores de Alcoa na entrada á fabrica cervense cunha barricada de neumáticos ardendo.

Pola tarde será a reunión da mesa multisectorial na que se sentarán os representantes dos traballadores e da empresa, así como da Xunta e do Goberno central. No caso do Goberno central estarán presentes o secretario xeral de Industria, Raul Blanco, así como o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e a subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez.

Nesta reunión o interesante será saber a posición de Alcoa, as súas intencións ou se ten interese en seguir coa fábrica. José Antonio Zan, dixo que “espera que o Goberno central e a Xunta vaian no mesmo barco e na mesma dirección”.

Para o mércores está prevista outra reunión entre o comité e a dirección da empresa.