Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Burela agrupará as mesas electorais nos pavillóns

Por 2 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Burela agrupará as dez mesas electorais da localidade  para os comicios autonómicos que se celebrarán o 12 de xullo. Será no pavillón dos Institutos e no pavillón dos Castros, con cinco mesas en cada un deles. O obxectivo é cumprir coas normativas derivadas do Covid-1. O Concello editará un Bando informando destes cambios para que toda a veciñanza estea perfectamente informada.

O alcalde, Alfredo Llano, declarou que “con respecto ás eleccións este ano, é evidente que houbo moitos cambios en case todos os lugares e en Burela tamén, porque hai que adaptarse á normativa e á seguridade pola transmisión do virus, e polo tanto houbo que cambiar de forma fundamental a ubicación onde se facían as votacións”.

O rexedor anunciou que “aquí en Burela temos dez mesas, distribuídas tres no Instituto Perdouro, dúas na Escola de Música, tres na Casa da Cultura e outras dúas nos Castros. Agora, derivado da normativa para delimitar espazos, para favorecer que non haxa contaxios e a votación con toda seguridade, vanse facer en dous lugares. Un vai ser o pavillón dos institutos e outro no pavillón dos Castros. En cada un deses pavillóns vai haber cinco mesas, de tal maneira que os que ían ao Perdouro e á Escola de Música irán ao pavillón dos Institutos e os que ían á Casa da Cultura máis aos Castros irán ao pavillón dos Castros”.

Llano sinalou que “se hai algunha pregunta ou algunha cousa que se teña que aclarar para ver onde ten que ir votar cada quen, imos informar no Concello e tamén imos editar un Bando onde se vai explicar todo isto. Ademais o diremos na prensa para que non haxa confusión e haxa facilidade de localización e de saber cada quen onde ten que votar”.