Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Carmela Villa inaugura unha exposición pictórica en Ribadeo

Por 11 Agosto, 2020Sin comentarios

A Concellaría de Cultura de Ribadeo colabora na organización dunha mostra pictórica de Carmela Villa Río que se inaugurará mañá, 11 de agosto, na sala de exposicións do parque de San Francisco.

A exposición, titulada Outra Mirada, permanecerá aberta na sala de exposicións do parque San Francisco ata o mércores da vindeira semana, 19 de agosto. O horario de visitas será de 18.00 a 21.00 horas.