Unha parte do equipo de competición da escola de surf de Viveiro desprazouse esta fin de semana a Asturias, para competir na proba do circuito da Federación Asturiana de Surfing que se celebraba en praia España.
As mozas subían ao podio representando o equipo viveirense, Claudia Prieto cun cuarto posto na categoría sub-18 feminino e Lucía Martinez facía un segundo posto na categoría sub-12 feminino.