Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Pescados Rubén xa ten data para reanudar a Copa Galicia

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

Os dous equipos bureleses sénior do Pescados Rubén reinician a competición da Copa Galicia, que quedara pendente da pasada tempada cando se suspendeu por mor da pandemia cos dous equipos con posibilidades.

Deste xeito, o conxunto masculino xogará a volta da semifinal o luns 28 ás 20.15 horas na Malata fronte ao Parrulo de Ferrol. O conxunto laranxa conta coa vantaxe da vitoria na ida, que rematou con 5-3 no Vista Alegre. A outra semifinal será o día 19 de outubro entre o Noia e o Santiago.

O conxunto feminino deberá esperar ata o 10, ás 19.00 horas para enforntarse ao Viaxes Amarelle na casa, partido que se emitirá por televisión. As laranxas o teñen moi fácil pasar á final xa que no partido de ida gañaron por un aplastante 1-10 a domicilio. A outra seminifinal será o mesmo día entre Ourense e Poio. Aínda non hai data para a final.