Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O club de Atletismo Ría de Foz busca socios para esta tempada 2021

Por 2 Outubro, 2020Sin comentarios

O club de Atletismo Ría de Foz vén de informar que está na búsqueda de socios para esta tempada 2021.

Ademais, cada socio recibirá un agasallo exclusivo por parte do club en agradecemento do seu labor social.

“Con este pequeno gran xesto poderemos seguir a traballar coa prolífica canteira focense e axudar, entre outras moitas accións, a que ningún pícaro quede sen facer deporte por razóns de carácter económico”, din dende o Ría de Foz.