Skip to main content

AciaFozCCA segue sumando asociados e chega este mes de outubro aos 140. A última incorporación é a de Triplo A.

Esta empresa púxose en marcha en febreiro de 2020 como colaboradora de Naturgy, aínda que leva instalada na Mariña desde o ano 2014. Triplo A está situada na rúa Álvaro Cunqueiro, 15-baixo, de Foz. E o seu horario de apertura de luns a venres é de 9:30 a 13:00 horas polas mañás e de 15:30 a 20:00 horas polas tardes.

O seu responsable, Lorena Rodríguez, asegura que “a acollida por parte da clientela está a ser moi boa, xa que a base do noso traballo é a satisfacción dos nosos clientes”.

Triplo A ofrece “todos os servizos administrativos que implica ser un centro de atención ao cliente e como valor agregado contamos coa parte de instalacións de gas, fontanería, calefacción e reformas tanto a nivel comunitario, individual ou comercial”, engade Lorena Rodríguez.