Skip to main content
ActualidadeFoz

Inés López estará ao fronte do Concello de Foz esta semana

Por 1 Novembro, 2020Sin comentarios

INÉS LÓPEZ COUTO (FOZ)O decreto de Alcaldía do día 19 de outubro, publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 26 de outubro de 2020, establece que a tenente de alcalde Inés López Couto asume as funcións da Alcaldía de Foz na semana do 2 ao 8 de novembro de 2020, por ausencia do alcalde, Fran Cajoto.

O rexedor municipal explica que se toma “este pequeno respiro dunha semana despois de case ano e medio de alcalde, no que a nosa forma de vida mudou completamente. Aproveitarei para atender asuntos persoais pendentes, pero vou permanecer no concello estes días, polas limitacións de movemento pero tamén por responsabilidade. Agora mesmo é imposible desconectar da actualidade, así que o descanso será moi limitado”.

Fran Cajoto aproveita para recordar que “en Foz continuamos en nivel 1 de alerta por Covid pero coas nosas actividades e reunións limitadas a 5 persoas non conviventes. Hai que ser responsable, se algo teño que dicir deste ano e medio na Alcaldía é do satisfeito que me sinto do bo comportamento e disposición da gran maioría das veciñas e veciños: usade sempre mascarilla e evitade na medida do posible os contactos interpersoais”.