Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Concello do Valadouro vén de convocar o certame de postais #UnNadalParaTodos

Por 18 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello do Valadouro vén de convocar o certame de postais #UnNadalParaTodoO Concello do Valadouro vén de convocar o certame de postais #UnNadalParaTodos, esta iniciativa está aberta a todos os nenos, nenas, mozos e mozas de entre 3 e 16 anos que residan no Concello de O Valadouro.

O prazo de presentación finalizará o día martes 1 de decembro de 2020, ás 14:00 horas no rexistro das oficinas da Casa da Cultura con entrega física (previa cita), de forma electrónica no email concurso@valadouro.org, sede electrónica do Concello de O Valadouro, no Ceip Santa María do Valadouro ou mesmo no IES Alfoz-Valadouro.

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como felicitación oficial do Concello do Valadouro para o Nadal 2020 elixida entre as seguintes categorías:
Infantil A, de 3 a 6 anos, con dous premios dun lote de libros; Infantil B, de 7 a 10 anos, con dous premios de 50 euros e un libro para o primeiro e 25 euros e libro para o segundo; e a categoría Xuvenil, de 11 a 16 anos, valorado en 75 euros e libro e 40 euros e libro.

Consulta as bases e descarga o modelo de presentación na web municipal https://bit.ly/3f8cvFW