Skip to main content
Baleira

Rescatan a tres persoas que se perderon nun roteiro en Baleira

Por 14 Decembro, 2020Xaneiro 29th, 2021Sin comentarios

Efectivos da Garda Civil rescataron este domingo a unha parella e un neno que se perderan cando facían un roteiro de sendeirismo no concello de Baleira. Estaban en perfecto estado de saúde.

Sobre as 19.15 horas da tarde do domingo, un dos adultos deu a voz de alarma á central de emerxencias 112. No seu relato indicaba que estaban a realizar o chamado Roteiro das Minas e que, despois de dúas horas camiñando, non sabían onde se atopaban.

Logo de recibir a súa localización a través das coordenadas de posición, o 112 informou do acontecido a Protección Civil de Baleira e á Garda Civil, quenes finalmente localizaron ás tres persoas sobre as 20.30 horas no pobo de Fórneas.