Skip to main content
ActualidadeFoz

Colocan en Foz 12 buzóns para botar as cartas aos Reis Magos

Por 22 Decembro, 2020Sin comentarios

Colocan en Foz 12 buzóns para botar as cartas aos Reis MagosOs Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.

O rei Melchor incidía na importancia de que os buzóns estean preto das casas, repartidos por todo o concello, para que os desprazamentos sexan os mínimos debido aos protocolos polo covid que hai que cumprir este ano. Así, dispuxéronse catro buzóns repartidos polo casco urbano e outros oito, un por parroquia, para que todos os rapaces teñan a posibilidade de enviar as súas peticións.

O rei Gaspar aplaudía o ben que están a levar as medidas todos os pequechos, xa que puido observar que sempre saen á rúa coa máscara posta. E Baltasar lembrou que terán en conta os comportamentos durante todo o ano, pero tamén as dificultades que todos estamos a pasar neste 2020, polo que reducirán ao mínimo as partidas de carbón.