Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

O PSOE de Mondoñedo acusa ao PP de desatender a creación de emprego

Por 1 Decembro, 2020Sin comentarios

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González denunciou que as contas do PP para Mondoñedo no 2021 “amosan novamente o gasto en propaganda, protocolo e publicidade que se realiza dende o Goberno do PP de Mondoñedo, e que ascende a 62.600 euros, superando en 2.800 euros con respecto ás cifras do 2020. Pola contra as cifras para o fomento de emprego que presenta o Concello ascenden a 45.900 euros, é dicir, 16.700 euros menos que para publicidade e propaganda, máxime nunhas circunstancias como a que estamos a vivir en plena pandemia ”. 

Nos orzamentos tamén aparecen outras cifras, “que parecen moi optimistas ou alegres, como por exemplo a recadación de 5.000 euros nas entradas do albergue municipal, que contrasta co este mesmo ano nas que aparecen 8.000 euros ingresos”. Neste documento “dende Intervención, aconsellase un criterio de contención de gasto que permita en exercicios futuros establecer unha correcta nivelación orzamentaria sen ter que acudir a criterios de carácter excepcional. Por todo isto faise referencia á necesidade de realizar unha eficiente asignación e utilización de recursos públicos, tal e como prescribe a normativa, e que deben estar encamiñados a políticas de contención e racionalización”.

Tamén se alude dende a intervención, facendo un especial fincapé, “en limitar e conter a actuación municipal as competencias que lle son propias coa finalidade de respectar a lei, de racionalización e sustentabilidade”.

Por último, como noutros anos os investimentos da Deputación a través do Plan Único, non aparecen reflectido neste proxecto de orzamentos, e que supoñen un investimento de preto de 300.000 euros, que contribuirán a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

Nesta mesma sesión plenaria tamén se debateu unha proposta para rebaixar o prezo das mascarillas. “Hai que lembrar que o Goberno Central xa acordou baixar un 25% o importe máximo de venda ao público das máscaras cirúrxicas, que non custarán máis de 0,72 euros, fronte aos 0,96 actuais”.

Tamén se aprobou o Plan de Acción para o Clima e a  Enerxía do Concello de Mondoñedo. “Sobre este punto parécenos fundamental resaltar a implementación de políticas e iniciativas encamiñadas a incentivar a reciclaxe, sobre todo naqueles sectores no que se xera un amplo volume de residuos. Así como realizar charlas nos centros educativos para crear conciencia social sobre este asunto tan importante para o futuro do planeta”.