Skip to main content
ActualidadeViveiro

Rematadas as obras de reforma da rúa Arribada, en Celeiro

Por 5 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro da finalización das obras que o concello vén de executar na rúa Arribada, en Celeiro.

As actuacións realizadas consistiron no aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais; dotación neste tramo do vial dunha rede separativa de pluviais; aumento da sección da rede de suministro de auga potable, para así garantir o bo servicio da instalación; soterramento da instalación de alumeado público e demolición do pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abullardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo de Celeiro.

A rúa Arribada é o principal acceso de comunicación á Rúa Grande, presenta un trazado sinuoso e a tipoloxía das edificacions que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe a tipoloxía propia dun asentamento tradicional mariñeiro.

Con esta obra, subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental 2020, procedeuse á reposición da pavimentación da rúa Arribada en toda a súa lonxitude, así como á mellora de todos os servizos urbanos e a restructuración integral do mesmo, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellorar a calidade visual e urbana do contorno.