Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo xa conta con postal de Nadal institucional

Por 7 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo xa conta con postal de Nadal institucionalO Concello de Cervo comunicou os gañadores do certame de postais de Nadal.

Os agasallados foron Valeria Arnau de 6 anos, e foi a elixida para as felicitacións de Nadal do propio Concello. O segundo posto foi para Valeria Iglesias de 9 anos, o terceiro para Martina López de 4 anos e o cuarto para Iban Baltar de 7 anos.

Dende o Concello queren agradecer e felicitar “a todos os que entregaron as súas postais; que realmente lle puxeron moi difícil as cousas ao xurado. Todos eles recibirán un merecido agasallo”.

Todas as postais estarán expostas na sala de mostras da Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.