Skip to main content
Quiroga

Unhas 500 persoas participarán nun cribado en Quiroga

Por 29 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Sergas realizará un cribado masivo entre a poboación de Quiroga desde o vindeiro luns 1 de febreiro. As probas realizaranse no centro de saúde da localidade coa participación duns 500 veciños e veciñas do municipio, todos eles maiores de 30 anos “e que non presenten síntomas”, segundo explicou o alcalde Julio Álvarez.

Os participantes neste cribado masivo serán contactados a través dunha sms no seu teléfono móbil e citadas para acudir ás instalacións do centro sanitario a unha hora determinada, a partires do luns e en quendas de tarde.

O obxectivo principal deste tipo de cribados é detectar positivos asintomáticos. O rexedor quirogués reclamara precisamente esta medida fai uns días debido á elevada taxa de incidencia de contaxios no municipio.