Skip to main content
Quiroga

Comeza o curso para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en Quiroga

Quiroga acolle un curso básico de formación para persoal das Agrupacións de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil organizado pola Xunta de Galicia.

O curso presencial, de 25 prazas, desenvolverase entre o 17 e o 21 de abril, cando se impartirá formación preceptiva para o exercicio das funcións de voluntario das AVPC durante 32 horas, 22 delas teóricas e outras 10 prácticas.

O contido abrangue a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.