Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Descenso importante de casos pero aumento de contaxios novos

Por 11 Febreiro, 2021Febreiro 12th, 2021Sin comentarios

A covid segue en remisión aínda que preocupa a alta ocupación hospitalaria.

Así, este xoves os casos activos sitúanse en 1.514, que son 127 menos que onte, unha importante baixada. Na xornada anterior o descenso foi de 80.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 71 casos novos (onte foron 48), sendo un dos datos que sobe con respecto aos días pasados. Ademais, as altas volven bater un récord xa que chegaron ás 9.384, 194 en 24 horas, o día anterior foron 130.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.089 casos rexistrados e 185 persoas falecidas, unha máis que onte, un home de 82 anos no hospital da Mariña.

Pola contra, a presión hospitalaria segue sendo alta. Nas UCI hai dous casos menos, 26 en total, un deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 71 persoas (5 máis que onte), 42 no hospital de Lugo (5 máis), 9 na Mariña (1 máis) e 20 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

A Mariña

A situación na Mariña mantense controlada e só suma casos Burela pero de forma lenta.

  • Viveiro mantense hoxe con 52 casos.
  • Xove xa rexistra menos de 10 casos.
  • Burela suma 1 positivo máis e son 27.
  • Ribadeo rebaixa 1 a 15.
  • Riotorto é o único concello sen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Vilalba experimenta unha nova baixada importante de casos pero aínda están moi altos. Guitiriz preocupa ata chegar a 61 casos, no resto contrólase.

  • Vilalba continúa á baixa con 138 casos, 24 menos.
  • Nova subida para Guitiriz, 8 casos máis que onte para chegar a 61.
  • Cospeito mantén 12 casos hoxe.
  • Outeiro de Rei mantén 14.
  • Begonte tamén queda en 11.
  • Castro de Rei reduce 2 casos e son 16.
  • Friol queda xa con menos de dez casos.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes continúa baixando, 5 casos menos hoxe, 50 no cómputo total.

Centro da provinciaLugo e Palas de Rei experimentan descensos e o resto mantense. Entra o Corgo na zona de vixilancia.

  • Lugo segue rebaixando a incidencia, esta xornada con 18 casos menos ata 323.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 3 menos e 34 en total.
  • Monterroso volve sumar un ata 17.
  • Portomarín segue con 14 afectados.
  • Guntín suma 2 e chega a 14.
  • Castroverde rebaixa 4 casos e queda en 15.
  • O Corgo volve sumar casos e chega a 12.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca segue na senda do control do virus só con dous concellos en alerta.

  • Sarria rebaixa a 72 contaxios, 4 menos.
  • Láncara mantén 16 casos.

Ribeira Sacra

Monforte rompe a tendencia á baixa e suma un caso mentres o resto segue á baixa o se mantén.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 154 casos, 1 máis que onte e rompendo a senda do descenso dos últimos días.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa a 35, 7 menos que onte.
  • Chantada retrocede ata 18, 7 menos.
  • Taboada tamén rebaixa 3, que pasa a ter 13 casos.
  • O Saviñao queda en 20 contaxios.
  • Pantón queda en 16.
  • Pobra do Brollón tamén mantén 11 casos.
  • Sober segue con 12 casos.