Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Os comuneiros demandan unha normativa para o uso social do monte veciñal

Por 19 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicitou aos grupos parlamentares do parlamento galego a que insten a Consellería do medio rural a elaborar unha normativa para o uso social do monte veciñal para aquelas persoas que non ostenten a condición de veciñanza comuneira.

Para a Organización Galega de Montes Comunais os montes de propiedade veciñal deben ser espazos abertos para que cumplan unha función social e medio ambiental que beneficie á sociedade no seu conxunto.

O colectivo recalca a necesidade de contar con dita normativa de usos frear os atentados ecolóxicos conta o monte e clarexar as responsabilidades civis e penais.

NORMATIVA PARA O USO SOCIAL DOS MONTES VECIÑAIS

Segundo explican na súa solicitude, os titulares dos montes veciñais en mán común son os veciños e as veciñas comuneiros. “A veciñanza comuneira defendemos que estas terras comunitarias deben ser espazos abertos para o disfrute da sociedade no seu conxunto”.

Explican que o disfrute de esta función social dos montes veciñais debe facerse contando coa autorización da correspondente comunidade de montes. Ademais, debense respectar os diversos recursos do monte, non realizar ningunha agresión de tipo medioambiental ou patrimonial, non deixar lixo e non prender lume. O uso social dos montes veciñais en mán común non poden derivar en responsabilidades civis e penais para as comunidades de montes.

Os/as beneficiarios/as do uso social dos montes veciñais deben contar con un seguro de responsabilidade civil con cuantia suficente para que poidan cubrir os percances que poidan derivarse do uso. A Consellaria do Medio Rural debería de encargarse de expedir licenza para o uso dos montes comunais na que foraincluidor un seguro de responsabilidade civil .

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes os usos sociais tradicionais destes espezos serían paseos, áreas de lecer, ruteiros de senderismo, festas populares, visitas ao patrimonio cultural, medioambiental ou patrimonial.

“Estes usos non prantexan riscos, xa que realízanse normalmente a pé. Os usuarios que non son veciñanza comuneira deben de solicitar a autorización da correspondente comunidades de montes e realizar os desplazamentos polas pistas forestais e carreiros habilitados. No caso de grupos numerosos débese evitar andar en fila india, xa que faranse carreiros na pistas que aceleraran a súa erosión. Ademais é obrigado respectar os diversos usos do monte, non tirar lixo e non pender lume”, indican.

Engaden tamén que se este uso social tradicional do monte veciñal realizase con animais domésticos estos non deben alterar o hábitat e molestar aos outros animais que cohabitan no monte e que se o uso faise en bicicleta, só se poderá circular polas pistas forestais habilitadas e con moito tento, xa que do contrario pode atropelar a outros usuarios e usuarias.

Engaden tamén que os novos usos dos montes veciñais pasan por deportes de aventura, motocrós, montañismo, ciclismo de montaña, quads, escalada en rocha, etc.

“Estes novos usos socias acarrean un deterioro do monte veciñal e problemas de responsabilidade civil para as comunidades de montes propietarias. Estos usos son moi agresivos medioambientalmente e producen un forte impacto erosivo no monte. Non se poden practicar sen o permiso explícito da correspondente comunidade de montes propietaria”.

Engaden tamén que “son ademais uns usos cun alto risco de sufrir accidentes que poñen en perigo vida tanto dos que os práctican como do resto de usuarios. Por iso, deben obrigatoriamente contar con un seguro de responsabilidade civil que cubra as consecuencias dos posibles accidentes e percances”.

Conclúen que nos montes veciñais en mán común quedan terminantemente prohibidas as competicions desportivas de bicicletas, motos, quads ou coches. Somentes poderanse realizar naqueles montes veciñais que conten cun circuito expresamente diseñado para estas prácticas deportivas.